A Consellería de Cultura premia á Biblioteca Municipal tudense pola súa promoción da lectura
A CONSELLERÍA DE CULTURA PREMIA Á BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE TUI POLA SUA ACTIVIDADE DE PROMOCIÓN DO LIBRO E A LECTURA O Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Luis Bará Torres, ven de comunicarlle ao Concello de Tui a concesión á Biblioteca Pública Municipal tudense dun dos premios correspondentes ao concurso “Abril, mes dos libros” inserido dentro das campañas que realiza a devandita Consellería para a promoción do libro e da lectura en galego no noso país.O premio consiste na concesión dunha axuda de mil euros para adquisicións de obras de lectura ou de artes baseadas na palabra (libros CD, vídeos, xogos educativos…) editados en galego en calquera soporte.A concesión deste permio foi acordada pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural como apoio ao programa “Abril, mes dos libros” polo que conceden 50 premios de 1000 euros ás bibliotecas e/ou centros educativos que desenvolvesen actividades de promoción do libro e a lectura ao longo do pasado mes de abril.A Biblioteca Pública Municipal tudense realizou esta camapaña baixo a denominación de “Mes dos libros” e que abrangueu a realización das seguintes actividades: - Recital poético musical con Alfonso Pexegueiro e os músicos Anxo Pintos e Quico Comesaña, do grupo Berrguetto, celebrado o 25 de abril. - Contacontos da “Ratiña presumida” a cargo da animadora Ilda Amoedo celebrado o 2 de maio. - Conferencia titulada “María Mariño, cosendo a conciencia da escrita” realizada pola escritora Marga do Val o 15 de maio - Presenza da Biblioteca Municipal na Feira do Libro - Presentación do libro de Camilo Francos “Palabras contadas” realizada o 23 de maio.Amáis estaban doutras actividades como a exposición dos caligramas presentados ao concurso convocado pola Biblioteca e a dotación de novo mobilario na sección infantil adaptados aos máis cativos.Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a concesión deste premio acredita o importante traballo que desenvólvese na biblioteca tudense nos últimos tempos e a importante aposta que pola promoción da lectura e o acceso á cultura ten realizado o Concello de Tui. Rodríguez Pérez agradécelle á Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural este premio que posibilitará que a biblioteca tudense poida enriquecer as súas coleccións mellorando a súa oferta aos servizo dos cidadáns de Tui e a súa bisbarra. Tamén o concelleiro tudense aproveita a oportunidade para felicitar ao personal da biblioteca municipal por este premio que acredita o seu bo traballo.