PROCESO SELECION PRAZA PROFESOR OBOE 6 HORAS SEMANA LABORAL FIXO POR CONCURSO
10/09/2024
Áreas:
Emprego
Reunido o tribunal en data 03/09/24 para baremación do proceso de selección de 1 PROFESOR ÓBOE 6 HORAS/SEMANA laboral fixo por CONCURSO DE MÉRITOS dentro do proceso de ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL. Publícase a lista provisional das puntuacións obtidas polos aspirantes e establécese un prazo de 10 días hábiles contados desde o primeiro día hábil despois da publicación ós efectos de reclamacións e alegacións. (dende o 11/09/24 e ata o 24/09/24, ámbolos dous incluídos). De non se presentaren reclamacións dentro do prazo indicado, a listaxe provisional de valoracións será considerada como listaxe definitiva.