Camiño do Nadal

“O Camiño do Nadal” é o lema da campaña de Nadal do Concello de Tui .
*as actividades programadas poden sufrir variacións en caso de choiva
Tui, O Camiño de Nadal
Programación de rúa
Sábado 19
- Ás 12:30 h Grupo de gaitas Aloia de Pazos de Reis
- Ás 18:30 h Charanga Cantos Somos
- Ás 19:30 h Banda de Música Popular de Tui
Domingo 20
- Ás 12:30 h Grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro
Martes 22
- Ás 17:30 h Barafunda "Alicornios"
Xoves 24
- Ás 17:00 horas no Paseo da Corredoira O Apalpador
- Ás 18.00 h Asacocirco "De Branco"
- Ás 18:30 h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe
- Ás 19.30 h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe
Sábado 26
- Ás 12:00h Troula "Krasnobarak"
- Ás 12:30h Grupo de gaitas Seixos Albos de Areas
- Ás 13:00 h Banda de Música Popular de Tui
- Ás 17:00h Troula “O Carteiro Real”
- Ás 18:00 h Asacocirco "Con Frac"
- Ás 18:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas
- ÁS 19:00h Alumnado da Escola de Gaitas e Percusión A Insua de Caldelas
- Ás 19:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas
Domingo 27
- Ás 13:15 h Grupo de Gaitas San Fins de Rebordáns
Martes 29
- Ás 18:30 h Banda de Música Popular de Tui
Mércores 30
- Ás 18:30 h Charanga Cantos Somos
Martes 5 de xaneiro
Iluminación
As rúas e prazas do centro urbano e tamén a entrada de cada parroquia tudense contan con iluminación de Nadal. Este ano foron colocados 113 arcos e 55 elementos de iluminación con tecnoloxía led.
A principal novidade este ano é a iluminación de novo, tras oito anos, do gran abeto situado no cruzamento entre o Paseo da Corredoira, a Avenida da Concordia e rúa Maristas.
Decoración de rúas e prazas
Na decoración de rúas e prazas este Nadal optouse pola posta en valor dos elementos locais, a reutilización de elementos e a reciclaxe marcan a decoración destas festas.
Destacando o Camiño Portugués de Santiago, do que Tui é a porta de entrada a Galicia. Así unha frecha amarela e a palabra “Tui” son a imaxe desta campaña “O Camiño do Nadal”.
Na decoración realizada primou a reutilización e a reciclaxe de elementos. Entre as principais novidades está a colocación dunha casiña de madeira de Nadal na zona peonil do Paseo da Corredoira, para a que se reutilizou unha estrutura de madeira que hai anos foi oficina de Turismo. Xunto a esta casiña de chocolate hai tamén un pergamiño no que deixar mensaxes para estas festas, o buzón real ou un elemento decorativo coas imaxes da campaña para poder facerse fotografías
Tamén se incorporan á decoración figuras de anxos realizados con madeira e corda, e xunto a farois de madeira.
Un pequeno tren de madeira, bicicletas, renos, coellos, … son outros dos elementos, estreados xa en 2019, e que volven reutilizarse nestas festas.
Tamén se volveu instalar na rúa Ordóñez a árbore de Nadal de madeira coa frecha amarela coma estrela e co nome de todas as parroquias na súa base.
Estes elementos están colocados nas prazas de Fromista, a Armada e San Fernando, a carón da igrexa de San Telmo, no Paseo da Corredoira, nas rúas Ordóñez, Ourense, Colón, e no Paseo Familia Álvarez Blázquez.
Actividades na rúa
Está organizado un programa de animación musical e teatral nas rúas durante as datas festivas a cargo de distintos grupos.
Recepción dos Reis Magos
O 5 de xaneiro está confirmada en Tui presenza dos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar.
Outras iniciativas
- Mercadiño de libros solidarios na Biblioteca Municipal
- Campaña "En Nadal Tui Quere Tui"
- A praza de Abastos realiza unha campaña de recollida solidaria de alimentos a favor de SOS Tomiño Baixo Miño
- Concurso escolar da postal de Nadal