Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mercadiño de libros solidarios

Data: 
4/12/2020
Lugar: 
Biblioteca Municipal

Ampliado até o sábado 19 de decembro o Mercadiño Solidario de Libros na Biblioteca Pública Municipal de Tui que comezou o pasado venres 4 e o sábado 12 de decembro. Está organizado pola propia Biblioteca en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui.

As persoas que se acheguen,  de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 21.30 h e os sábados de 9 a 14 h, entregando un lote de produtos de Nadal - que se destinarán ás familias atendidas polos Servizos Sociais municipais - poderán elixir aqueles exmplares que máis lles interesen. Cada día se incporan novos exemplares. 

Nestas xornadas a Biblioteca Municipal ofrece os libros destinados ao expurgo, procedentes dos seus propios fondos ou de doazóns de veciños, para que aqueles lectores interesados poidan recoller aquelas obras que resulten do seu interese. 

Os libros ofertados  destinados ao expurgo - procedentes dos fondos propios da Biblioteca ou de doazóns - son de temática moi ampla e variada, dende novelas, libros infantís e xuvenís, libros de coñecementos, de non ficción, incluso algunhas obras de consulta.