Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Virxe do Carme

Cada 16 de xullo celébrase en Tui a festividade da Virxe do Carme nuns actos organizados pola Comandancia Naval do Miño.

O programa festivo inclúe a celebración da misa solemne na Catedral con posterior procesión dende a praza de San Fernando ata a propia comandancia, onde a imaxe da Virxe do Carmen embarca a bordo do patrulleiro Cabo Fradera. Inicíase así procesión fluvial na que tamén participa o patrulleiro portugués Río Minho, así coma embarcacións de pesca, deportivas e recreativas. Ao cruzar por baixo da vella Ponte Internacional miles de pétalos voan por riba da imaxe do Carmen.