Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XI Semana de Teatro Afeccionado Festas de San Telmo

Data: 
22/04/2019
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

O  Teatro Municipal de tui acolle do luns 22 ao sábado 27 de abril XI Semana de Teatro Afeccionado Festas de San Telmo.

As entradas sen numerar poranse á venda media hora antes do comezo da función ao prezo de 1,5€. Unha vez iniciado o espectáculo non se poderá acceder ao patio de butacas.

Programa:

  • Luns 22 ás 19:00 h
    • Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove de Tui con “futuro, amor e outras movidas”. 90 minutos.
  • Martes 23 ás 21:00 h
    • Grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui con “Nin fe nin café”. 30 minutos.
  • Mércores 24 ás 21:00 h
    • Grupo de teatro da asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis con “Tres sombreiros altos”. 60 minutos.
  • Xoves 25 ás 21:00 h
    • Grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe con “Miles gloriosus”. 70 minutos.
  • Venres 26 ás 21:00 h
    • Grupo de teatro da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns con “Bar Manolo”. 75 minutos.
  • Sábado 27 ás 19:00 h
    • Grupo de teatro infantil Garabullada da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe con “O segredo de Daniel”. 40 minutos.