Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Plan Antifraude

O Concello de Tui, no marco dos Fondos Next Generation EU, e co obxectivo de cumprir co recollido no artigo 6 da Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobou no Pleno da Corporación local o pasado 31.03.2022 o “Plan de prevención, detección, corrección e persecución do fraude do Excmo. Concello de Tui”, que ten como obxectivo garantir e declarar que o Concello de Tui, como entidade executora e/ou xestora chamada a participar na execución das medidas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da economía española (PRTR), vai utilizar os fondos provenientes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) regulado polo Regulamento (UE) 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, de conformidade coas normas aplicables, en particular, no que se refire á prevención, detección e corrección da fraude, á corrupción e aos conflitos de intereses.

Este plan estrutúrase ao arredor de catro elementos clave do denominado ciclo antifraude: prevención, detección, corrección e persecución, e será de aplicación a todo o persoal do Concello de Tui que interveña na xestión do MRR.

O plan segue as directrices reflectidas na Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, e organízase en oito puntos:

  • Caracterización do Concello de Tui.
  • Compromiso de integridade e marco ético institucional na loita contra a fraude.
  • Definicións de fraude, irregularidade, corrupción pasiva e activa e conflito de intereses.
  • Comisión antifraude.
  • Identificación e avaliación de riscos de xestión.
  • Ciclo antifraude: Prevención, Detección, Corrección e Persecución.
  • Procedementos de seguimento, mellora e modificación do plan.
  • Especial referencia ao conflito de intereses.

Coa aprobación deste plan, o Concello de Tui adopta unha política de tolerancia cero coa fraude e establece un sistema de control interno deseñado para previr e detectar, no posible, calquera actuación fraudulenta e, no seu caso, emendar as súas consecuencias, comprometéndose a manter uns altos estándares legais, éticos e morais e a perseguir os principios de integridade, obxectividade e honestidade.

Plan Antifraude - Plan de Prevención, detección, correción e persecución do fraude do Concello de Tui

Plan Antifraude - Código ético e conduta dos empregados públicos

Plan Antifraude - Compromiso de integridade e marco ético institucional do Concello de Tui na loita contra o fraude

Buzón de denuncias antifraude do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude

Resolución de Alcaldía de creación da Comisión Antifraude do Concello de Tui e designación de membros