Anuncio resolución contratación de 10 peóns de horticultura para a obra Plan prestación servizos municipais 2021".
Anuncio resolución contratación de 10 peóns de horticultura para a obra Plan prestación servizos municipais 2021".
Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 02/08/2021 se alterou a orde da lista de reserva para nomeamentos interinos a cal estará vixente polo prazo de 3 anos (ata 20/01/2024) o ou de menos no suposto de outro proceso selectivo para as mesmas prazas.
Mediante Resolución da Alcaldía de data 25/08/2023 se ofrecen ao 4º e 5º da lista de reserva o seguinte:
1Contratación como persoal laboral temporal por circunstancias da produción dun operario de limpeza viaria, ata o
31/12/2023, e coas seguintes características:
Salario: grupo AP
Complemento destino: nivel 14
Complemento específico mensual: 574,94€
Xornada de luns a sábado.
Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles para aceptar ou renunciar o ofrecemento. (prazo que remata o vindeiro martes día 29/08/2023)
Ordenanza da taxa por ocupación con tendidos, tubaxes e galerías para as conducións de enerxia eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído incluídos os postes para liñas, cables, palomillas, caixas de amarre, de distribución ou de rexistro, transformadores, rieles, básculas, aparatos para a venda automática e outros semellantes que se establezan sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público local ou voen sobre os mesmos.
Esta ordenanza reguladora entrou en vigor el 01/01/1999.
O anexo á mesma publicouse en BOPPO Nº 42 do 28 de febreiro de 2008.
Bases e extracto das bases da convocatoria das Bolsas de estudo para ensinanzas musicais do curso 2020-2021 no Conservatorio/escola música de Tui
Extracto publicado no BOPPO nº 158 do mércores, 18 de agosto de 2021.
REQUISITOS DOS/AS SOLICITANTES:
1.- Estar matriculados/as ou ter fillos/as matriculados/as no Conservatorio de Grao Profesional e/ou na Escola de Música Municipal.
2.- Estar empadroado/a en Tui, tanto a persoa solicitante como no caso de menores ó pai/nai ou titor/a legal se os tivera, así como os nenos/as para os/as que se solicita a beca, con anterioridade á data de publicación destas bases.
3.- Que a familia non supere os ingresos brutos estipulados
4.- Non ser beneficiario/a doutras entidades ou organismos públicos ou privados de axudas por este concepto; e non superar o límite de axudas establecido.
5.- Ter o curso completo aprobado (referido ao período lectivo 2019-2020), agás para os que inicien os estudios neste período lectivo, os cales deberán estar matriculados na totalidade de materias correspondentes ao primeiro ano.
6.- Comunicar a solicitude ou obtención de subvencións axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público, nacional e /ou internacional
7.- De incumprir algún destes requisitos arquivarase o expediente sen máis trámite.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día da publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios desta Casa Consistorial, e do Conservatorio Municipal así como na súa páxina web (www.tui.gal) e (http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/)
Rematadas as probas selectivas do proceso para a formación dunha lista de reserva para contratacions temporais de profesor de violin, publicanse as puntuacións outorgadas polo tribunal, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para a presentación de alegacións as puntuacións provisionais, rematado o prazo sen presentarse alegacións as mesmas serán consideradas definitivas en caso de alegacións as mesmas serán resoltas polo tribunal.
AXUDAS PARA COMPRA DE VIVENDA NO CENTRO HISTÓRICO DE TUI
PERSOAS BENEFICIARIAS
• Persoas físicas maiores de idade, que adquiran unha vivenda construída (nova, usada ou que vaia ser obxecto de rehabilitación) no ámbito do Plan Especial de Protección Histórico-Artístico de Tui.
REQUISITOS XERAIS
• Ter subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
• Estar empadroado na vivenda, ou en caso de rehabilitación, empadroarse no momento da finalización das obras.
• Ingresos anuais da unidade de convivencia: ata 6,5 veces o IPREM.
• Compromiso de que a vivenda vai constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo de, polo menos, cinco anos.
• A persoa solicitante e demais persoas da súa unidade de convivencia non poderán ser propietarias ou usufrutuarias doutra vivenda no territorio español. *
• O prezo de adquisición da vivenda será como máximo o previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, computando unha superficie útil de 120 m2.
CONTÍA DAS AXUDAS **
• Menores de 35 anos, ata 12.800 €, como máx. o 20% do prezo da vivenda.
• Maiores de 35 anos, ata 10.800 €, como máx. o 20% do prezo da vivenda.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
• Anexo I, de solicitude.
• Anexo II, de declaración de composición da unidade de convivencia.
• Anexo III, de declaración da persoa solicitante e unidade de convivencia. En caso de non presentar a declaración de IRPF, acompañarase, en cada caso:
Certificado de retribucións e retención de empresas.
Certificado de pensións ou prestacións.
• Escritura pública da adquisición da vivenda, ou contrato privado de adquisición de vivenda, no caso de non dispoñer da primeira.
• Informe técnico acreditativo de que a vivenda adquirida non é susceptible de ser habitada, sen acometer as pertinentes obras de rehabilitación.
• Certificado de empadroamento de todas as persoas empadroadas na vivenda, salvo que a vivenda sexa para rehabilitar.
• Certificado emitido polo concello de que a vivenda está situada no ámbito dun centro histórico.
SOLICITUDES, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
En formato papel: Portelo Rexistro Concello Tui.
Vía electrónica (https://sede.xunta.gal), no procedemento VI400A.
• Prazo de solicitude: Ata o 15/10/2021, ou esgotamento de crédito.
• Prazo de xustificación: Ata o 30/11/2021.
Listaxe provisional de Admitidos e Excluídos e causas de exclusión establecidos nas Bases reguladoras do Programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia “Reactiva II”, dirixidas ao mantemento do tecido empresarial do Concello de Tui.
Establécese un prazo de 5 días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación deste anuncio para alegar o que, no seu dereito, consideren oportuno ou emenden a súa solicitude e presenten a documentación requirida, segundo se recolle na Base 8ª da convocatoria.
Ficha inscrición programa Cultiva a Mente 2021-22
Convocatoria sesión nº 5/2021 de pleno ordinario do xoves, 30 de setembro de 2021
Finalizado o proceso selectivo se produciu a contratación do persoal para o desenvolvemento do Obradoiro Revaloriza Tui 2021
Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui Publicada no BOPPO número 199 do venres, 15 de outubro de 2021
Ordenanza Municipal Reguladora das Axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas no Ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui Publicada no BOPPO número 199 do venres, 15 de outubro de 2021
Bases reguladoras para a concesión de becas a deportistas tudenses 2021, poublicadas no BOPPO número 204 do venres, 22 de outubro de 2021
O equipo de goberno de Tui vai manter reunións nas distintas parroquias entre o 8 e o 23 de novembro co obxectivo de coñecer as necesidades de cada parroquia directamente dos veciños e veciñas. As persoas que acudan a xuntanza poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Enrique Cabaleiro, coma aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.
Bases de participación no Mercado de Nadal que se vai celebrar do 3 ao 12 de decembro de 2021 no Paseo da Corredoira.