Píscore con Concerto con fusión

Data:
14/10/2022
Lugar:
Teatro Municipal da Área Panorámica
O grupo Píscore chega ao Teatro Municipal de Tui o venres, 14 de outubro, ás 19.30 h co seu espectáculo musical Concerto con fusión. Interpretado por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas, e con dirección de Fran Rei, o espectáculo fusiona música, teatro, humor, comedia gestual, clown e a participación do público. Cunha marimba como eixo principal, Concierto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.
- Elenco: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas
- Dirección: Fran Rei
- Son e iluminación: Javier Adán
- Duración: 55 min
- Recomendado: Todos os públicos- + 3 anos.
- Prezos: 4€ e 3€