Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Panadería con “As que limpan”

Data: 
18/02/2022
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

A Panadería con “As que limpan”

NOVA DATA Venres, 18 de febreiro, ás 21 h

A Panadería realiza en Tui, o venres 18 de febreiro ás 21 h, a estrea nacional do seu novo espectáculo “As que limpan” coproducido polo Centro Dramático Nacional. 

Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman son as autoras, directoras e actrices desta obra teatral que aborda a loita organizada das limpadoras de pisos - as que limpan, as invisibles, as que carretan nao lombo un sistema turístico precarizador – por conseguir uns dereitos laboráis e sociais xustos.  Fronte a elas está a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hotelerías.

 

Xénero: Teatro comedia

Duración: 75 minutos

Recomendada: + 14 anos

Prezos: 10€ e 8€

Normativa e Protocolo COVID Teatro Municipal 2022

 

Entradas á venda dende o luns, 14 de febreiro, ás 14h