Dani García con “Don Gelati”
Data:
23/07/2020
Lugar:
Paseo da Corredoira
Dani García presenta o xoves, 23 de xullo, ás 21 h, no Paseo da Corredoira o espectáculo d emaxia "Don Gelati" con capacidade para 100 persoas.
Un curioso vendedor de xeados, Don Gelati, chega á praza principal do pobo, pero sofre constantes infortunios co seu carriño que terá que solucionar rapidamente. Dani García iniciouse no ilusionismo con Lorc&julit. Formouse tanto en España coma nos Estados unidos. Ten actuado en África, Oriente Medio, Europa e Estados Unidos.
ENTRADAS
- Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 20 de xullo. Máximo 3 entradas por persoa
- Acceso ao espectáculo 30 minutos antes do inicio, por orde de chegada
- As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa
PROTOCOLO COVID19
- Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
- Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
- Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
- A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
- As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento