Cinema na rúa "Mascotas"

Data:
11/08/2017
Lugar:
Praza de San Fernando
O venres, 11 de agosto, ás 22.15h dentro da programación de Cinema na rúa proxectarase a película de animación "Mascotas" con 87 minutos de duración.
Max e Duke, dous cans que rivalizan por ser a mascota preferida da súa dona, deixan a un lado as súas diferencias para facer fronte ao plan do coello Snowball que quere formar un exército de animais domésticos abandonados para vingarse dos seus donos.
*En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal. Aforamento limitado. Retirada de 2 entradas de balde por persoa media hora antes do comezo.