Cinema na rúa "Canta!"

Data:
20/07/2017
Lugar:
Praza de San Fernando
O cinema na rúa é unha das citas imprescindibles no verán tudense nun escenario único coma a praza de San Fernando.
O xoves, 20 de xullo, ás 22.30h comeza o ciclo de cinema na rúa coa proxección de Canta!
Un concurso de canto ao que asisten distintos animais é o xeito que o koala Buster Moon idea para salvar o seu teatro. Esta é a historia do filme de animación de Illumination Entertainment que inclúe na súa banda sonora “Faith” tema orixinal de Stevie Wonder e Ariana Grande.
*En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal. Aforamento limitado. Retirada de 2 entradas de balde por persoa media hora antes do comezo.