Plan Municipal de Infancia e Adolescencia do Concello de Tui
Plan Municipal de Infancia e Adolescencia do Concello de Tui
Plan Municipal de Infancia e Adolescencia do Concello de Tui
A aula CEMIT de Tui acollerá o luns 11 e o martes 12 de agosto os obradoiro Girl Steam 2025 organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da man do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG). Neste caso contan coa colaboración do Concello de Tui.
Os e as participantes nestas actividades crearán autómatas de cartón que porán en funcionamento a través dun motor programable, partindo do kit de robótica. Logo crearán unha escenografía móbil nunha caixa de sombras para gravar un vídeo que incluirá os autómatas creados.
O Concello de Tui continúa dando pasos firmes no camiño para converterse en Cidade Amiga da Infancia, un recoñecemento promovido por UNICEF España co obxectivo de garantir que os dereitos de nenos, nenas e adolescentes sexan unha prioridade real nas políticas municipais.
Sete membros do Consello Local de Participación Infantil e Adolescente de Tui participaron no XII Foro Infantil UNICEF, celebrado no Parlamento de Galicia. No acto, que forma parte do Pacto Galego pola Infancia, estiveron acompañados pola concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente.
O grupo de participación infantil e xuvenil de Tui, Partuicipando, reunirase este xoves, 7 de marzo, ás 17 h no edificio Francisco Sánchez. O obxectivo do encontro será continuar elaborando propostas que trasladarán ao concello, nesta ocasión con motivo das actividades de verán.
O grupo Partuicipando ten por obxectivo sumar as ideas, visións e propostas das nenas, nenos e adolescentes para conseguir unhas actuacións máis inclusivas e adaptadas ás necesidades e gustos da poboación máis nova do concello, dando cumprimento así ao seu dereito a ser escoitados e tidos en conta.
Un total de 1.200 mozos e mozas da diocese de Xetafe están até o próximo luns en Tui preparando a súa participación na Xornada Mundial da Xuventude a próxima semana en Lisboa. Os dous pavillóns municipais, xunto ao pavillón do CEIP nº2 e do IES San Paio e as instalacións do Colexio Maristas Santa María serven de aloxamento e centros de actividades.
Yahida Mahmud Jatri e Yusef Abderrahman Sluj son a nena e o neno saharauí que pasarán o verán en Tui, no seo de dúas familias acolledoras, dentro do programa Vacacións en Paz que promove Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
Tras chegar o pasado día 17 a Galicia hoxe foron recibidos na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e membros do equipo de goberno, que os agasallaron con distintos xogos.
Este xoves día 22 de xuño tivo lugar a segunda reunión do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia na sede da Xunta de Galicia. Ata alí desprazouse Adela Hernández, a representante tudense de ‘ParTUIcipando’, o Grupo de Participación Infantil e Xuvenil de Tui.
A representante do Concello de Tui no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, Ana Gómez, acudiu o pasado venres á súa constitución na Cidade de Cultura, en Santiago de Compostela. Estivo acompañada pola concelleira de Xuventude e Igualdade do Concello de Tui, Ana María Núñez.