Curso de nivel básico de Prevención organizado polo Concello de Tui e a Fundación Laboral da Construción
O Concello de Tui e a Fundación Laboral da Construción ofertan un curso gratuíto e homologado de Nivel Básico de Prevención. Constará de 60 horas lectivas a impartir nas instalacións do Centro Municipal de Formación en Guillarei. As clases terán lugar de luns a venres do 11 ao 22 de decembro de 8.30h a 14.30h. Ofértanse 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.