Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selectivo formación lista de reserva para a provision interina de prazas de arquitecto técnico

O concello de Tui ten aberto proceso selectivo para a formación de lista de reserva de arquitecto técnico, mediante resolución da concellería delegada de persoal de data 03/03/2020 se rectificaron as bases para incluir o pago da taxa por ser obrigatorio segundo ordenanza fiscal do concello de Tui.

Polo anterior procede a ampliarse o prazo de presentación de instancias ata o vindeiro día 13/03/2020. 

Para o pago da taxa de importe 15,34€, poden consultar a resolución rectificativa

Oferta de Emprego

Undefined

OFERTA DE EMPREGO. ENCARGADO DE XARDIÑEIRÍA

Empresa do Porriño, selecciona persoal para o posto de encargado de xardiñeiría, con experiencia e permiso de conducir tipo B. Debe ter a condición de persoa con discapacidade pero que non lle impida a realización do traballo. Debe contar con formación académica en xardiñeiría a nivel de formación profesional ou superior, e coñecementos de informática de nivel medio en word, excell e autocad.

Funcións: Coordinación de equipos, presupostos e tarefas de mantemento de xardíns. Xornada a tempo completo

Proceso selectivo para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun profesor de trombón

Realizado o proceso selectivo o luns día 02/03/2020, a secretaria do tribunal facilitou certificado coas puntuacións provisionais, os aspirantes dispoñen de 3 días para a presentación de alegacións, prazo que remata o vindeiro venres día 06/03/2020.

Transcorrido dito prazo sen a presentación de alegacións as puntuacións provisionais entenderanse definitivas.

Proceso selectivo 5 prazas de administrativo oferta 2017 por promoción interna

Certificado cos resultados provisionais do proceso selectivo 5 prazas administrativo por promoción interna vinculadas a oferta de emprego público do ano 2017, aos aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións as puntuacións provisionais; transcorrido este prazo sen presentarse alegacións as puntuacións serán definitivas e comezará a contar o prazo de 20 días naturais para que os aspirantes presenten a documentación neces

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego