Axenda Corredoira Cultural
A Axenda Corredoira Cultural recolle con carácter semestral a programación cultural que se celebra no municipio tudense. Contempla por unha banda os espectáculos previstos no Teatro Municipal de Tui e por outra os eventos que teñen lugar exterior, en distintos emprazamentos coma a praza de San Fernando, o paseo da Corredoira,..., con a feiras, festas, festivais, concertos...
Conta cunha tirada de 15 mil exemplares, a toda cor, que son distribuídos en Tui e Valença.
A continuación poden consultarse as portadas das axendas até 2005.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Festival Internacional de Documentais, Play Doc