Continúa a programación do verán coa proxeción da película “Coco”
A terceira xornada do cinema de verán será este venres, 3 de agosto, ás 22:15h na Praza de San Fernando coa proxección da película “Coco”. O filme de animación infantil achega a historia de Miguel, un neno dun pobo mexicano que quere ser músico pese a prohibición da súa familia. No Día dos Mortos, Miguel cambia de dimensión por accidente e precisará da axuda dun antepasado para regresar. A duración da película é de 109 minutos.
O venres 24 de agosto proxectarase a última película do cinema de verán, “Ferdinand”





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.