Por acondicionamento do firme hoxe non se poderá estacionar nos aparcamentos na rúa Coengo Valiño e na rúa A Guarda. Desculpen as molestias.
Por acondicionamento do firme hoxe non se poderá estacionar nos aparcamentos na rúa Coengo Valiño e na rúa A Guarda. Desculpen as molestias.
Ante a situación de alerta vermella por Covid 19 na que está Tui adóptanse entre outras medidas:
Por un erro informático, que estamos subsanando, envíaronse automáticamente avisos de venda de bonos familiares para as piscinas. Lembramos que as piscinas municipais, coma xa se ten comunicado, non abrirán este verán. Pedimos disculpas.
O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus.
Debido á celebración do Enterro do Bacallau o domingo, 1 de marzo, dende ás 11 h ás 22 h estará pechada o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e por tanto non se poderá estacionar no mesmo.
Debido á celebración do Desfile Concurso de Entroido mañá martes 25 de 14 a 21 h estarán pechadas ao tráfico e ao estacionamento as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo.
Até o próximo luns, 24 de febreiro, pódense consultar os datos de inscrición no censo electoral para as eleccións ao Parlamento de Galicia que se van celebrar o domingo 5 de abril.
Dende hoxe 1 de febreiro o Concello de Tui procedeu a realizar un cambio no sentido de circulación das rúas na zona de San Bartolomeu. Deste xeito as rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial teñen sentido único.
Dende hoxe luns 3 de febreiro as paradas do autobús están situadas na rúa Ourense.
O aparcamento municipal, na traseira da Área Panorámica, estará pechado por obras de arranxo do firme, mañá martes, 21 de xaneiro, e o mércores 22 de xaneiro. Desculpen as molestias.
Debido á celebración da Cabalgata Internacional de Reis non se poderá estacionar hoxe sábado, 4 de xaneiro, dende ás 22 h no Paseo da Corredoira, mañá domingo dende ás 10 h na rúa Augusto González Besada e no primeiro tramo de Martínez Padín, e de
Debido á chea do río Miño vénse de cortar o acceso á Baixada ao Embarcadoiro, na zona da Mariña e do Paseo Fluvial.