Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Precaución pola subida do Miño e os seus afluentes. Estradas cortadas

6/02/2026

Cómpre extremar as precaucións na beira do río Miño, o Louro, e os seus afluentes coma consecuencia da crecida que se está a rexistrar. 

A primeira hora desta mañá a Policía Local cortaba ao tráfico a estrada da Veiga do Louro que vai dende a rúa Loureiro até o cruzamento cara a praia de Areeiros en Guillarei xa que parte do vial está anegado pola crecida do río. O mesmo acontece co camiño Barros que vai dende a rúa Loureiro até o cruzamento cara a Virxe do Camiño. O mesmo acontece en Baldráns na baixada cara o Club de Piragüismo Penedo.