Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Máis de 1400 persoas participarán no Descenso Internacional e no Popular o sábado 18 de agosto

Undefined

O río Miño será o protagonista o próximo sábado, 18 de agosto, en Tui coa celebración do 47º Descenso Internacional do Miño e o 8º Descenso Popular do Miño organizado polo Club Kaiak Tudense Axuda Paramos, o Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo. As dúas probas reunirán a máis de 1400 padeeiros batendo todo un récord de participación a catro días de que se peche a inscrición.

Mañá preséntase o XLVII Descenso Internacional do Miño e o VIII Descenso Popular do Miño

Undefined

Mañá mércores, 8 de agosto, ás 11.30 horas, fronte ao pantalán da instalación do Centro Municipal de Piragüismo de Tui, realizarase a presentación do XLVII Descenso Internacional do río Miño e do VIII Descenso Popular do Miño, probas organizadas polo Club Kaiak Tudense-Axuda Paramos, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo, que terán lugar o sábado 18 de agosto.

Unha andaina nocturna unirá este sábado os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Unha andaina nocturna unirá este sábado, 28 de xullo, os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença, o Monte Aloia e o Monte Faro, á luz da lúa chea. Será un percorrido de 17 de quilómetros, de dificultade doada, que comezará ás 23.30 hora española no Aloia e rematará entorno ás 5 da madrugada vendo o amencer no Monte Faro.  Esta novidosa proposta forma parte do calendario de Andainas Saudables da Eurocidade.

Máis de 100 nenos e nenas participarán na primeira quenda do Campamento de Verán do Concello de Tui

Undefined

O Campamento de Verán do Concello de Tui dará comezo o próximo luns, 16 de xullo, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, coa primeira quenda, que rematará o martes 31 de xullo.

Nesta quenda participarán máis de 100 nenos e nenas, que realizarán diferentes actividades deportivas e de lecer, nos espazos habilitados no noso concello.

O campamento dará comezo ás 09.00 horas, aínda que os monitores estarán na aula matinal dende as 08.00 horas, para todos os pais e nais que así o solicitaran.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes