Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

IV Ruta histórica de Tui nocturna

Data: 
11/08/2018
Lugar: 
Saída do palco da música no Paseo da Corredoira

Este sábado 11 de agosto celebrarase andaina IV Ruta histórica de Tui nocturna. Trátase do quinto percorrido do circuíto de andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2018.

Sairá ás 22h do palco da música no Paseo da Corredoira para realizar un percorrido de 4 quilómetros de carácter cultural-histórico para coñecer distintas casas históricas de Tui e persoeiros tudenses. Rematará na Alameda de San Domingos para degustar unha chocolatada, finalizando cunha queimada feita polo mestre Gabi, e co sorteo de agasallos.

O prezo para poder participar é de 5€ por persoa. A inscrición pode realizarse en andatui.es até o xoves, 9 de agosto, ás 23.59 hora española.