Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Mañá presentación da XXXIX Regata Miño Internacional

Undefined

Mañá venres, 25 de xaneiro, ás 11.00 horas, no salón de plenos do concello de Tui, terá lugar a presentación da XXXIX Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 26 de xaneiro, organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Remo.

Na mesma, estarán presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o concelleiro de Deportes, Eduardo Freiría, o presidente do Club Remo do Miño, José Luís Méndez e os vicepresidentes do club, José Prada e Manuel Ángel González.

Raid TT'19

O club Tracçao ás 4 organiza o Raid TT'19 da Eurocidade Tui-Valença, que se vai celebrar na modalidade de motos o 23 de febreiro. Previamente  2 de febreiro celebrouse na modalidade de jeeps.

39 Regata Miño Internacional. Copa Presidenta da Deputación

A 39 Regata Miño Internacional Copa presidenta da Deputación celebrarase o sábado, 26 de xaneiro de 2019. A saída será ás  11.50h dende Currás, Tomiño, e a liña de meta estará situada fronte ás instalacións do Club Remo do Miño en Tui. Organiza: Club Remo do Miño coa colaboración do Concello de Tui, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e varias casas comerciais. 

VIII BTT Eurocidade

A VIII Eurocidade BTT organizada polo club Biciosos e a Eurocidade Tui-Valença celebrarase o domingo 17 de marzo 2019.  Haberá dous percorridos un de 47 km e outro de 77 km. A proba estará neutralizada até o quilómetro cinco, e cómpre lembrar que non ten carácter competitivo. Unha das novidades deste ano será que A saída dos primeiros 500 ciclistas será por orde de inscrición. Establécese un máximo de 1.200 participantes.

V Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

O pavillón municipal de Tui acolle o domingo, 18 de novembro, o V Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença. A entrada será de 7€. Trátase dunha competición puntuable nos dous países, para o Trofeo do Norte e Galicia. En total participaran 250 persoas das que 100 competirán en parellas e 50 máis en grupos. A cita comezará ás 10h cos bailes estándar, ás 14.30h os bailes latinos, ás 17.30h os grupos e Solo Dance, e partir das 18.30h os niveis máis altos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes