Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Andaina Nocturna da Eurocidade Tui-Valença

Data: 
28/07/2018
Lugar: 
Monte Aloia e Monte Faro

O sábado, 28 de xullo, celebrarase a Andaina Nocturna no calendario de andainas e caminhadas saudables da Eurocidade Tui-Valença.

  • Percorrido: 17 de quilómetros
  • Dificultade doada:
  • Saída: Ás 23.30 hora española no Aloia e rematará entorno ás 5 da madrugada vendo o amencer no Monte Faro. 
  • Percorrido: O percorrido proposto, en cuxo deseño se tivo moi presente a seguridade dos participantes, comezará no Parque Natural do Monte Aloia, baixará ata Tui onde percorrerá o Paseo Fluvial e cruzará pola vella Ponte Internacional cara Valença.  O traxecto brindará fermosas panorámicas nocturnas das dúas cidades iluminadas e do río Miño.
  • Inscrición: até o mércores, 25 de xullo, ás 23.59 h na web www.andatui.es, cun prezo de 5€ por persoa.
  • Nota: Os participantes deberán estar ás 23 hora española no aparcamento do Monte Faro dende onde serán trasladados en dous autobuses até o aparcamento do Monte Aloia onde comezará a andaina.  Aconséllase levar botas, roupa cómoda, bastón e lanterna.  Haberá dous avituallamentos, un na vella Ponte Internacional de froita e bebida, e outro xa no remate no Monte Faro de rosca e chocolate. Na chegada serán sorteadas dúas comidas/ceas e dúas botellas de viño entre os participantes.