Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 100 nenos e nenas participarán na primeira quenda do Campamento de Verán do Concello de Tui

13/07/2018

O próximo luns 16 de xullo iniciarase no novo pavillón deportivo municipal de Tui

O Campamento de Verán do Concello de Tui dará comezo o próximo luns, 16 de xullo, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, coa primeira quenda, que rematará o martes 31 de xullo.

Nesta quenda participarán máis de 100 nenos e nenas, que realizarán diferentes actividades deportivas e de lecer, nos espazos habilitados no noso concello.

O campamento dará comezo ás 09.00 horas, aínda que os monitores estarán na aula matinal dende as 08.00 horas, para todos os pais e nais que así o solicitaran.

Ás 09.30 horas, tras a recepción dos participantes, realizarase o acto de presentación, ao que están convidados todos os pais e nais dos nenos e nenas inscritos, onde a coordinadora do campamento explicará as normas básicas do mesmo.

Como primeiro día, os participantes deberán acudir con roupa cómoda, cunha mochila coa merenda de media mañá, unha botella de auga e unha gorra.

A segunda quenda do campamento dará comezo o mércores 1 de agosto e rematará o martes 14 de agosto.