Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Mañá sábado, 23 de xuño, abre ao público a piscina municipal de Tui

Undefined

Maña sábado 23 de xuño, abrirá ao público a piscina municipal de Tui, que terá o horario de luns a venres de 13.30 a 20.30 horas, e sábados, domingos e festivos, de 12.30 a 20.30 horas.

Mantense o prezo de anos anteriores fixado en 1,5€ para persoas de 5 a 16 anos e xubilados e 2€ para adultos, sendo gratuíta para os cativos menores de 4 anos. Amais establécense bonos de 30 baños cun prezo de 35 euros o infantil e de xubilados e de 40 € para os adultos.

A piscina permanecerá aberta ata a primeira semana do mes de setembro.

Mañá mércores ás 12.30h preséntase o V Campionato Ibérico de Kung Fu

Undefined

Mañá mércores, 20 de xuño, ás 12.30 horas españolas, terá lugar a presentación do V Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, no salón de plenos do Concello de Tui. Este evento, que se celebrara este domingo 24 de xuño, está organizado polo Club Deportivo Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu.

Ás 11.30h preséntase a Aloiada 2018

Undefined

Hoxe venres 8 de xuño, ás 11.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da actividade Aloiada 2018, organizada polos colexios CEIP Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns, Maristas, Randufe e Caledas,  en colaboración co Concello de Tui, no que máis de 200 nenos e nenas de sexto de primaria destes colexios, realizarán diferentes actividades deportivas no Parque Natural do Monte Aloia e no río Miño, os días 14 e 15 de xuño.

Este sábado celébrase en Tui a segunda proba do III Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica

Undefined

Tui volve a ser sede dunha das probas do Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica, organizado polo Club Sen Amarras, coa colaboración da Federación Galega de Motonáutica e do Concello de Tui, no que participarán deportistas con e sen discapacidade.

A Eurocidade 10 destinará o importe íntegro da inscrición aos afectados de Paramos

Undefined

Este domingo celebrarase a VII Eurocidade 10 organizada pola Eurocidade Tui-Valença e o Club Atletismo Tui. Esta proba de atletismo será solidaria cos afectados de Paramos, para quen será recadación íntegra da proba, pero amais poranse á venda, o mesmo domingo, camisetas solidarias ao prezo de 5€.

A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta tarde na casa do concello de Tui coa presenza do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, e o presidente do club Atletismo Tui, Rafael Pérez.

Hoxe luns ás 17h preséntase a VII Eurocidade 10 que terá carácter solidario cos afectados de Paramos

Undefined

Hoxe luns, 4 de xuño, ás 17.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, terá lugar a presentación da VII Eurocidade 10, proba atlética de dez quilómetros, organizada pola Eurocidade Tui-Valença e o Club Atletismo Tui-Thermalia, que se realizará o domingo 10 de xuño, con saída dende o Paseo da Corredoira de Tui. A proba terá carácter solidario cos afectados de Paramos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes