Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o XLVII Descenso Internacional do Miño e o VIII Descenso Popular do Miño

7/08/2018

Mañá mércores, 8 de agosto, ás 11.30 horas, fronte ao pantalán da instalación do Centro Municipal de Piragüismo de Tui, realizarase a presentación do XLVII Descenso Internacional do río Miño e do VIII Descenso Popular do Miño, probas organizadas polo Club Kaiak Tudense-Axuda Paramos, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo, que terán lugar o sábado 18 de agosto. Este é o primeiro ano, no que este evento é considerado como Festa de Interese Turístico de Galicia

Na presentación comparecerán o alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o concelleiro de deportes, Eduardo Freiría, a deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, o xefe do servizo de deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea e o presidente do Club Kaiak Tudense-Axuda Paramos, Diego Piña.