Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

4ª Xornada da Copa de Promoción de Bádminton

O pavillón do IES San Paio en Tui acolle o domingo, 17 de marzo, a 4ª Xornada da Copa de Promoción de Bádminton. Participarán un centenar de xogadores e xogadores das categorías benxamín e infantil

De 9.30 h a 14.30 h os xogadores e xogadoras, de clubs de toda a provincia, disputarán os partidos de dobres na que será unha xornada máis festiva que competitiva, e que para moitos será a primeira vez que participen nunha iniciativa destas características.

O Concello de Tui avanza na tramitación das autorizacións para a reforma do Centro Municipal de Piragüismo

Undefined

Na mañá de onte o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto co arquitecto, Leandro Nogueira e  o director técnico do Kaiak Tudense – Axuda Paramos, Esteban Alonso, mantiveron unha reunión en Pontevedra coa xefa do departamento de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Susana Ribadulla, co obxectivo de avanzar na tramitación das autorizacións necesarias para executar as obras de reforma do Centro Municipal de Piragüismo.

Mañá preséntase a 4ª Xornada da Copa Promoción de Bádminton que se celebrará en Tui este domingo

Undefined

Mañá martes, 12 de marzo, ás 12.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, presentarase a 4ª xornada da Copa Promoción de Bádminton. Disputarase no pavillón deportivo do IES San Paio de Tui este domingo 17 de marzo, dende as 09.30 ás 14.30 horas, organizado polo Club Bádminton Tui, englobado dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Tui.

O Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade comeza co Trilho da Lampreia, este sábado 16 de marzo

Undefined

Este sábado, 16 de marzo, comezará o Circuíto de Andainas e Trilhos Saudables da Eurocidade 2019. Contará con 7 percorridos de distintas intensidades, polos municipios de Tui e Valença.

A primeira cita será este sábado co Trilho da Lampreia que se celebrará a partir das 10.00 horas españolas, dende a igrexa de San Pedro da Torre, en Valença. Terá un percorrido de dificultade baixa e unha distancia aproximada de 6.5 quilómetros. Esta andaina estará limitada a 50 participantes.

Roi Rodríguez Huertas, Jesús González e Tania Fernández reciben o Premio Deporte Tudense 2018

Undefined

Roi Rodríguez Huertas Club Kaiak Tudense Axuda Paramos e Jesús González Álvarez do Remo do Miño e Tania Fernández do Club Kaiak Tudense Axuda Paramos foron galardoados co premio Deporte Tudense Deportistas nas categorías masculina e feminina na VII Gala do Deporte Tudense celebrada no Teatro Municipal de Tui.  Un evento no que quedou plasmado o alto nivel que ten o deporte, os deportistas e clubs na cidade.

Mañá celébrase a Gala do Deporte Tudense 2018 no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Mañá venres 22 de febreiro, ás 20.30h no Teatro Municipal celebrarase a VII Gala do Deporte Tudense na que fará entrega dos Premios Deporte Tudense 2018.

Neste evento recoñecerase o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

VII Gala do Deporte Tudense

A Gala do Deporte Tudense 2018 celebrarase o venres 22 de febreiro de 2019, no Teatro Municipal de Tui, na que fará entrega dos Premios Deporte Tudense 2018.

Neste evento recoñecerase o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado: deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes