Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

VIII Travesía a nado da Eurocidade

Data: 
4/08/2018
Lugar: 
Río Miño

O sábado, 4 de agosto celebrarase a VIII Travesía a Nado da Eurocidade Tui-Valença. Unha proba que este ano terá carácter popular cunha distancia de case 1000 metros entre o Cais de Valença e a praia da Mariña en Tui.  

  • Saída: ás 11 hora española coincidindo coa pleamar. 
  • Inscrición: de balde, está aberta ata o propio 4 de agosto ás 10 hora española a través da web acuaticasminho.com.
  • Todos os participantes serán agasallos cunha camiseta conmemorativa.  Para participar é obrigatorio o uso de gorro de natación, e está permitido o uso de aletas e neopreno. 
  • Organiza: Eurocidade Tui-Valença xunto a Actividades Actuáticas Minho SLU, coa colaboración do club Natación Baixo Miño, os Bombeiros Voluntarios de Valença e Actividades Aquáticas Alto Minho.