Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

VII Gala do Deporte Tudense

A Gala do Deporte Tudense 2018 celebrarase o venres 22 de febreiro de 2019, no Teatro Municipal de Tui, na que fará entrega dos Premios Deporte Tudense 2018.

Neste evento recoñecerase o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado: deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui-Valença promove un novo calendario de andainas saudables para este ano 2019. Terán lugar entre o 16 de marzo e o o 20 de outubro con carácter mensual. Este é o calendario previsto:

VIII Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade

  • Trilho Sabores Da Lampreia – 16/03/19
  • Andaina San Telmo – 28/04/19
  • Trilho Sabores Serranos – 12/05/19
  • Andaina Monte Tetón – 22/06/19
  • Andaina Do Monte Faro Ao Aloia – 20/07/19
  • Andaina Histórica De Tui – 03/08/19
  • Trilho De Talhao – 20/10/19

O martes ás 13h presentación da primeira xornada da Fase Sur de Judo en Tui

Undefined

O próximo martes, 19 de febreiro, ás 13.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación da primeira xornada da Fase Sur de Judo, que a Federación Galega de Judo, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui. Celebrarase o sábado 23 de febreiro, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

O Campionato Galego de Patinaxe de Grupos Show Júnior e Cuartetos disputarase este sábado en Tui

Undefined

O Campionato Galego de Grupos Show Júnior e Cuartetos, celebrarase este sábado, 16 de febreiro, no novo pavillón deportivo municipal de Tui. Comezará ás 17.30 horas organizado polo CPA Ribex de Tui, en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Tui.

A Eurocidade Tui-Valença presenta un calendario deportivo único con 17 modalidades deportivas

Undefined

Un total de 25 actividades de 17 modalidades deportivas na que participan 21 clubs e dúas empresas conforman o calendario de actividades deportivas de 2019 que esta fin de semana comeza na Eurocidade Tui-Valença e que se vai prolongar até o mes de decembro.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes