Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Descarga de Documentos

E.g., 01/06/2024
E.g., 01/06/2024

Modelo solicitude participación Entroido 2018 - Comparsas

31/01/2018

Modelo solicitude participación Entroido 2018 - Comparsas

Axenda Corredoira Cultural - Primeiro Semestre 2018

26/01/2018

A axenda Corredoira Cultural recolle con carácter semestral a programación cultural que se desenvolve en Tui. Esta é a correspondente ao primeiro semestre de 2018.

 

Nomeamento de membros da Xunta de Goberno Local e competencias.

23/10/2017

Nomeamento de membros da Xunta de Goberno Local e competencias.

Nomeamento de tenentes de Alcalde

23/10/2017

Nomeamento de tenentes de Alcalde

Nomeamento delegación de funcións de Alcaldía

23/10/2017

Nomeamento delegación de funcións de Alcaldía

Impreso inscrición Escolas Deportivas da Deputación 2017/18

20/09/2017

Ata o venres, 29 de setembro, está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de piragüismo, patinaxe, balonmán e fútbol que haberá esta temporada en Tui dentro da iniciativa “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva. Na pasada temporada 2016/17 estas escolas contaron en Tui con máis de 500 deportistas. Os interesados teñen que entregar cumprimentada a folla de inscrición na secretaría do Concello de Tui, a través dos clubs deportivos Club Balonmán Tui, CD Ribadelouro, Club Kaiak Tudense e Club Piragüismo Penedo, a través do enderezo electrónico deportes@depo.es ou en calquera dos rexistros da Deputación ou nos das oficinas do  ORAL.

Toda a información e o impreso de inscrición pode atoparse na web da Deputación

VII Festa Gastronómica 2017

26/07/2017

O sábado, 19 de agosto, dentro da Festa do Miño, celebrarase a VII Festa Gastronómica. Por este motivo convócanse 12 postos de venda directa e promoción do produto natural, autóctono e artesá. Poderán solicitar os mesmos as asociacións culturais inscritas no rexistro de asociacións do Concello de Tui. Deberán facelo o mércores, 12 de agosto, no rexistro de entrada de 9 a 14h, presentado o modelo de solicitude e a documentación requirida. 

Solicitude Autorización Fogueiras de San Xoán 2017

15/06/2017

Ante a celebración do 23 de xuño das fogueiras de San Xoán débese presentar na casa do concello a solicitude de autorización para a realización destas fogueiras, xunto á documentación requirida, ata o mércores 21 de xuño de 2017. 

Folleto Turístico 2017

30/03/2017

O Concello de Tui editou en marzo de 2017 un novo folleto turístico que recolle a oferta de lecer de turismo activo e de hospedaxe no municipio.  Realízase unha tirada de 20 mil exemplares editados en tres idiomas:castelán, inglés e portugués. Está dispoñible na Oficina Municipal de Turismo e nos establecementos hostaleiros tudenses.

 

XXI Feira de Artesanía de Tui 2017

22/03/2017

A XXI Feira de Artesanía de Tui celebrarase o sábado 6 e o domingo 7 de maio de 2017. Convócanse 44 postos para a venda directa por parte de artesáns. 

Baixa a Instancia de Parte do Padrón Municipal por Cambio de Residencia de Estranxeiros que se Trasladan ao Estranxeiro

5/02/2017

Modelo de solicitude de Baixa a Instancia de Parte do Padrón Municipal por Cambio de Residencia de Estranxeiros que se Trasladan ao Estranxeiro

Solicitude de Certificado de Convivencia

5/02/2017

Modelo de Solicitude de Certificado de Convivencia no Padrón de Habitantes

Páxinas