SAMMM, Servizo de Apoio Municipal a Menores e Mulleres
Instalacións: planta baixa da casa do Concello
Teléfono: 986 60 36 25 ext 36 ou 32
Horario de atención ao público: martes de 16 a 20h
O Servizo de Apoio Municipal a Menores e Mulleres (S.A.M.MM) do Concello de Tui presta atención a mulleres ante casos de: violencia de xénero, violencia no fogar, inadaptación de menores fronte a casos de separación e fracaso escolar a causa de conflitos na familia. O S.A.M.M.M, é un servizo gratuíto que pretende dar resposta ás necesidades concretas das mulleres e dos menores residentes no Concello de Tui.
Os interesados poden solicitar cita na casa do concello ou no teléfono 986 60 36 25 preguntando por Olga Hermida ou Paula Guerreiro nos Servizos Sociais. O horario de atención ao público é os martes de 16:00 a 20:00 horas.