Río Miño: un destino navegable
O proxecto “Río Miño: un destino navegable” ten como obxectivo mellorar a navegabilidade do río Miño Internacional, pór en marcha a xestión compartida do espazo Rede Natura 2000 do Baixo Miño/Rio Minho e aproveitar a existencia de patrimonio cultural e natural de alto interese turístico no val do Miño Internacional, asociado á especificidade da fronteira, convertendo ese potencial turístico nunha vantaxe competitiva fronte a outros destinos.
Este proxecto resulta dun traballo de proximidade e de cooperación transfronteirizo entre as institucións locais e rexionais con competencias en materia de desenvolvemento local, de promoción do turismo e de conservación da natureza,
As actividades a realizar son:
- Mellora da navegabilidade do Río Miño
- Valorización do corredor medio ambiental do Río Miño Internacional
- Consolidación da Marca Visit Rio Miño
- Creación da ruta fluvial do Río Miño
- Xestión e Coordinación
- Comunicación
Como resultado deste proxecto as actuacións previstas permitirán situar o río Miño transfronteirizo, como un destino turístico de referencia, único e diferenciador, resultado da xestión sustentable e integrada do destino transfronteirizo e da diversidade cultural e natural do val do Miño. As actuacións van direccionadas á poboación transfronteiriza, ao incrementar a diversificación da económica local e ao mellorar a calidade ambiental da súa contorna.
O proxecto permitirá tamén aumentar a conexión entre a poboación e as zonas ribeiregas e os ecosistemas asociados e concienciar á poboación local para a necesidade da súa conservación e valorización.
Datos técnicos:
- Proxecto aprobado: 0686_MINO_DESTINO_NAVEGABLE_1_E
- Proxecto aprobado coa asistencia financeira do FEDER e do POCTEP
- Acrónimo: MINO_DESTINO_NAVEGABLE
- Título: RIO MIÑO: UN DESTINO NAVEGABLE
- Área de cooperación: 1-Galicia-Norte de Portugal
- Eixo: 3- Crecimiento sostenible a través de una cooperación transfronteriza por la prevención de riesgos y la mejora de la gestión de los recursos naturales
- Beneficiarios: Concello de Salvaterra de Miño – Cámara Municipal de Monçao – Concello de Tui – Cámara Municipal de Valença – Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia. Xunta de Galicia – Turismo do Porto e Norte de Portugal, E.R.
- Data de inicio: 01/01/2018
- Data de fin: 31/12/2021
Beneficiario | Custo Total | Feder Aprobado | % Cofinanciamento |
Concello de Salvaterra de Miño | 247.500,00€ | 185.625,00€ | 75 |
Cámara Municipal de Monçao | 152.638,75€ | 114.479,06€ | 75 |
Concello de Tui | 210.000,00€ | 157.500,00€ | 75 |
Cámara Municipal de Valença | 152.638,75€ | 114.479,06€ | 75 |
Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia |
250.000,00€ | 187.500.00€ | 75 |
Axencia de Turismo de Galicia. Xunta de Galicia | 60.000,00€ | 45.000,00€ | 75 |
Turismo do Porte e Norte de Portugal E.R. | 78.578,19€ | 58.933,64€ | 75 |
Total | 1.151.355,69€ | 863.516,76€ | 75 |
- Total do proxecto: 1.151.355,69€
- Financiamento do FEDER: 863.516,76€