Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Proceso de Participación proposta nomes de Mulleres para rúas e espazos públicos

 Actualizar o nome das rúas e dos espazos municipais de Tui incorporando nomes de mulleres destacadas na historia, economía, movementos sociais, ciencia, cultura, é o obxectivo do traballo que está a desenvolver o concello de Tui, dando así cumprimento á medida 7.3 do III Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Tui 2020-2024 .  Para iso e co obxectivo de facer partícipe á cidadanía ábrese proceso de participación pública para recoller propostas sobre mulleres destacadas para dar nome a rúas e espazos públicos, contribuíndo deste xeito á visibilización das mulleres na cidade.

As persoas que desexen propor o nome dunha muller dentro deste proceso de participación pública poden facelo enviando un correo electrónico a igualdade@tui.gal  ou cubrir o formulario dispoñible na web www.tui.gal. Aínda que non é imprescindible convídase a achegar os motivos da proposta, ou datos biográficos da muller suxerida.

Áreas: 
Igualdade