Oficina Municipal de Turismo
A Oficina Municipal de Turismo está situada no céntrico Paseo da Corredoira. Dende o 2 de febreiro de 2022, a nova oficina máis ampla, céntrica moderna, accesible atende a visitantes e turistas en pleno centro urbano de Tui no Paseo da Corredoira nº 16. Executouse ao abeiro do proxecto Río Miño, un destino navegable.
Horario dende o 1 outubro
- De martes a domingo e festivos de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.00 h
Teléfono 677 41 84 05
Correo: turismo@tui.gal
Na mesma está a dispor dos visitantes o diferente material promocional da cidade, así coma os novos recursos publicados ao abeiro do proxecto Río Miño, Destino Navegable coma un novo mapa ilustrado e informativo no que o Miño é o eixo central abranguendo as dúas eurocidades Tui-Valença e Salvaterra-Monçao, e reflectindo no mesmo as localizacións máis importantes dos catro municipios. Está editado en catro idiomas: galego, castelán, portugués e inglés. Tamén foron editados diplomas infantís nos que se proponen aos cativos e cativas xunto ás súas familias que atopen catro puntos do mapa, un por municipio.