A xunta de portavoces reúnese ás 14h e ás 20h celébrase pleno ordinario
Hoxe xoves, 31 de maio, ás 14h reunirase na casa do concello a Xunta de Portavoces para tratar o reparto do Fondo de Emerxencia e estudar os informes sobre a conveniencia ou non de solicitar ao goberno central a declaración da Zona Gravemente Afectada por un sinistro de Protección Civil. Os acordos que se tomen irán por vía de urxencia ao pleno ordinario que celebrará a corporación a partir das 20h.
A orde do día do pleno ordinario é a seguinte:
A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión ordinaria nº 4, de 27 de abril e acta de sesion extraordinaria e urxente nº 5/2018, de 25 de maio.
2º.- Expediente 1213/2018. Proposta de Alcaldía, de data 21/05/2018, de aprobación do Plan económico financeiro do Concello de Tui para o período 2018-2019.
3º.- Expediente 263/2018. Proposta de Alcaldía, de data 13/04/2018, de aprobación inicial do Orzamento Xeral para o ano 2018 (Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de 19/04/2018).
4º.- Proposta de Alcaldía, de data 21/05/2018, de aprobación de modificación da composición das Comisións Informativas Permanentes.
5º.- Expediente 122/2018. Proposta de Alcaldía, de data 15/05/2018, de aprobación de expediente para adquisición do Teatro Principal, aprobación do prego de condicións de data 14/05/2018 e aprobación do gasto.
6º.- Expediente 816/2018. Proposta de Alcaldía, de data 10/05/2018, de concesión de bonificación do ICIO por obras en inmoble sito na rúa Cuenca, nº 15.
7º.- Expediente 809/2018. Proposta de Alcaldía, de data 10/05/2018, de concesión de bonificación de ICIO por obras en inmoble sito na rúa Sanz, nº 2.
8º.- Expediente 808/2018. Proposta de Alcaldía, de data 11/05/2018, de concesión de bonificación do ICIO por obras en inmoble sito na rúa San Bartolomé, nº 7.
9º.- Mocións de Urxencia.
B).- Actividade de control:
10º.- Dación de conta de escrito de incorporación do concelleiro José Prada Alvarez ao grupo municipal do Partido Popular (RE 1598 de 28/02/2018) e dación de conta da modificación da composición das Comisións Informativas, de acordo co escrito presentado polo voceiro do grupo político municipal Partido Popular (RE nº 1605 de 28/02/2018).
11º.- Toma de razón do abandono do Grupo Municipal do Partido Popular polo concelleiro D. José Prada Alvarez, de acordo co escrito con rexistro de entrada de 30/04/2018 nº 3742, polo que dito concelleiro pasa a ter a consideración de concelleiro "non adscrito" e dación de conta de escrito presentado polo voceiro do Grupo Municipal Popular con rexistro de entrada nº 2018-E-RC-3653 de 27/04/2018 de expulsión do concelleiro no referido grupo municipal.
12º.- Disposicións de interese correspondentes ao pleno do mes de marzo, abril e maio.
13º.- Dación conta de resolucións de Alcaldía: Dende o nº 2018-0178 de 19/02/2018 ata o nº 2018-0274 de 16/03/2018. Dende o nº 2018-0275 de 19/03/2018 ata o nº 2018-0452 de 20/04/2018. Dende o nº 2018-0453 de 23/04/2018 ata o nº 2018-0581 de 24/05/2018.
14º.- Dación de conta do Plan Orzamentario a medio prazo período 2019-2021 elaborado ao abeiro do disposto no artigo 29 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
C).- Rogos e preguntas:
15º.- Rogos e preguntas.