Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xosé Antonio Touriñán presenta mañá venres no Teatro Municipal o monólogo “Manolo Lojo”

21/11/2014

 

Xoves, 20 de novembro de 2014. O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres o monólogo "Manolo Lojo" da man de Xosé Antonio Touriñán. Será a partir das 21.30h nun espectáculo de 70 minutos de duración dirixido a todos os públicos.  

 

Xosé Antonio Touriñán, coñecido e televisivo humorista, convértese en "Manolo Lojo" nun monólogo que provocará sorrisos e risas entre o público. A súa interpretación de Mucha, un dos personaxes da Cantareiras de Ardebullo da TVG fíxoo, saltar á fama. Ten participado en diversos programas de televisión, series e filmes.

 

As entradas para este espectáculo están á venda en http://www.culturatui.info/ ata  mañá venres ás 13h, ou poderanse mercar mañá dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 7€ e 5€.

 

Xosé Antonio Touriñán con "Manolo Lojo"

Data: Venres, 21 de novembro, ás 21.30h

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Duración: 70 minutos

Venda de entradas: venda en http://www.culturatui.info/ ata o venres ás 13h, ou poderanse mercar o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 7€ e 5€.