Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xornadas de promoción do xadrez os domingos de xullo no Paseo da Corredoira

3/07/2016

Hoxe domingo, 3 de xullo, de 11 a 13h celébrase no Paseo da Corredoira a primeira das catro xornadas de promoción do xadrez previstas ao longo deste mes de xullo. As seguintes citas serán os domingo 10, 17 e 24.

Esta actividade gratuíta está aberta a todos os públicos. Os que se acheguen á mesa poderán informarse, aprender as regras básicas do xadrez, xogar e analizar partidas amigables, con hándicap, con reloxo, por internet, no móbil, contra o programa de ordenador, e retar a mestres e campións.

 Estas xornadas de promoción do xadrez  están organizadas por Xadrez Galego coa colaboración do Concello de Tui e dos clubs Xadrez Tui e Chiringo Contos.