Xornada de portas abertas este sábado na EDAR de Guillarei
Está organizada polo Consorcio de Augas do Louro e Aqualia con motivo do Día Mundial da Auga
Este sábado, 23 de marzo, o Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei con motivo do Día Mundial da Auga.
Con esta iniciativa buscan resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade, mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademáis de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade personal de axudar ao medioambiente.
Haberá tres visitas. Ás 10 h e ás 17 h será para persoas maiores de 12 anos que visitarán o laboratorio e o proceso de depuración, e ás 12 h para menores de 12 anos acompañados que visitarán o laboratorio e visionarán un vídeo sobre o proceso de depuración.
As persoas interesadas poden enviar a súa solicitude indicando Nome, DNI, Concello de residencia, idade de cada un dos participantes e hora de visita ao correo contactoconsorcio@fcc.es.