Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XL Campionato de España Júnior de Baloncesto: Tui gozou con tres días máxicos de Basket

18/05/2011

XL CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE BALONCESTO

 

TUI GOZOU CON TRES DÍAS MÁXICOS DE BASKET

 

·        R. MADRID, JOVENTUT, UNICAJA E LEÓN COMO PRIMEIROS,  E  BASKONIA, CORUÑA, ALBACETE E VALENCIA COMA SEGUNDOS PASAN A OITAVOS DE FINAL.

 

¡¡¡ Espectacular !!! Ese e o calificativo máis apropiado para Fase de Grupos do Campionato de España Junior de Baloncesto que se viviu en Tui entre o Domingo e o Martes.

E o foi en tódolos sentidos, porque viuse un baloncesto de calidade, con rapaces que en breve formarán parte das plantiñas dos equipos da ACB. Por certo algúns deles xa estiveron durante todo o ano adestrando cos primeiros equipos.

Porque a educación e a deportividade foron as bandeiras dos 16 conxuntos que pasaron polo Concello de Tui.

Pola organización;  sobresainte para os membros de Club Baloncesto Tui, que traballaron de arreo para que os equipos marchasen cun bo sabor de boca. A verdade é que o conquiron con creces.

Polo público, que respostou a unha competición de tanta envergadura, enchendo os pavillóns sobre todo nos partidos das tardes, con horarios moito máis apropiados para presencialos.

En definitiva eventos coma estes teñen que repetirse con maior frecuencia na nosa cidade, porque se demostrou unha vez máis que cando temos cousas de calidade,  o pobo resposta. Felicidades para todos, e agora a seguir disfrutando da Fase Final no Porriño. A mágoa foi que durara tan pouco…