Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XL Campionato de España de Clubs Júnior Masculino de Baloncesto

10/05/2011

Os concellos de Porriño e Tui foron elixidos por primeira vez na historia para acoller a fase final do XL Campionato de España de Clubs Júnior Masculino de Baloncesto.

Entre os días 15 e 21 deste mes de maio, 32 equipos chegados de toda a xeografía española, disputarán no polideportivo municipal de Porriño e nos pavillóns deportivos municipais de Tui, esta competición que despois de dez anos celébrase de novo en Galicia.

Tui, como sede coorganizadora, albergará os días 15, 16 e 17 a primeira fase deste campionato, na que 16 dos 32 equipos participantes disputarán nos pavillóns municipais de Tui 24 partidos en xornadas de mañá e tarde.

 

Real Madrid, Unicaja de Málaga, Joventut de Badalona ou Fundación Baskonia, entre outros, ofrecerán un gran espectáculo nas tres apasionantes xornadas que se vivirán no noso Concello.

 

Os equipos que xogarán en Tui son:

 

            Grupo A

1.      Unicaja de Málaga

2.      San Cernin BCN

3.      Albacete Baloncesto Cinco Escuelas Pías

4.      Canarias Basketball Academy

 

Grupo B

1.      Joventut de Badalona

2.      CB Solares

3.      CB Melilla Baloncesto

4.      BCA Coruña

 

Grupo C

1.      Real Madrid

2.      R.G. Cultura Covadonga

3.      Mislata G. Leopardo

4.      Fundación Baskonia

 

Grupo E

1.      Blancos de Rueda

2.      Molina Basquet 93

3.      Nostracom Granada

4.      CB L´Horta Godella

 

No seguinte arquivo (PDF) pódense ver os partidos que se xogarán nas instalacións de Tui e de Porriño.

Máis información na Páxina web do Campionato.