Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XII Tui Le (En liña)

14/05/2021

As actuais condicións sanitarias non permiten a realización de "Tui Le" no seu formato tradicional na rúa coa participación presencial do alumnado tudense nunha iniciativa froito da colaboración entre as bibliotecas escolares tudenses e as bibliotecas municipais de Tui e Valença. Do mesmo xeito que aconteceu en 2020, neste 2021 toca de novo a celebración en liña deste evento, que cumpre doce edicións. 

Na mesma o alumnado de Infantil e Primaria dos CEIP’s nº1, nº2, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, do CRA Mestra Clara Torres, do Colexio Santa María Marista con poemas do libro de “Vento, ventiño, venteiro” de Antonio García Teijeiro

Participación dos CEIP's Nº1, Guillarei e Randufe

Participación do CEIP de Rebordáns, CRA Mestra Clara Torres e CEIP de Pazos de Reis

Participación do CEIP de Caldelas, Colexio Santa María Maristas e CEIP nº2

Mentres o alumnado do Seminario Menor San Paio e do IES San Paio recita poemas de “Darío a diario” de Xela Arias.

Amais o propio Antonio García Teijeiro  envía un saúdo aos e ás escolares dándolles as grazas polo lectura dos seus versos e os agasalla cuns versos da súa autoría de “Poemar o mar” .