Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xarope Tulú presenta este mércores na Biblioteca Municipal “Corochas”

16/05/2022

É un espectáculo de contacontos para bebés que forma parte do programa “Tui en Letras”

Este mércores, 18 de maio, ás 18 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle unha nova actividade do programa “Tui en letras” que promove a concellería de Cultura do Concello de Tui. Trátase do contacontos para bebés “Corochas” a cargo de Xarope Tulú.

Corochas é un espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia (0-3 anos), que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e  a música. A través do conto acumulativo, da canción e xogo de imitación, viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos. A duración aproximada é de 40 minutos. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.

Para a concellería de Cultura tudense, Sonsoles Vicente Solla, con esta nova actividade do programa de dinamización cultural e lingüístico que realiza o Concello de Tui co nome de “Tui en letras” se promove entre os nosos cidadáns mais cativos e as súas familias o acceso á narración oral como unha especial fórmula de transmisión da nosa lingua e cultura. Este programa “Tui en letras” conta coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.