Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xampatito Pato presenta este venres en Tui “Compaña”

11/02/2025

O Teatro Municipal acolle ás 19 h este espectáculo para público familiar. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e 3 euros

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 14 de febreiro, ás 19 h o espectáculo “Compaña” de Xampatito Pato. Esta obra para público familiar é a terceira proposta da programación do primeiro trimestre do ano neste espazo escénico.

“Compaña” é un espectáculo que fusiona o circo co mundo dos monicreques, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo surrealista e onírico.  

Nela, un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos. A través da historia o personaxe principal consegue sentirse acompañado e leva ao público por un camiño cheo de sorpresas e risas.

O espectáculo, dirixido a público infantil, conta cunha duración de 50 minutos. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€.

Con “Compaña” Xampatito Pato volve a Tui onde estivera xa co seu anterior espectáculo “So”.

 

Entradas