Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xa están abertas as inscricións para o II Torneo de Tenis da Eurocidade Tui-Valença

2/09/2015

 

A competición disputarase dende o 25 de setembro ó 11 de outubro, nas pistas de tenis de Areas e da piscina municipal de Valença

Mércores, 2 de setembro de 2015. Despois do éxito de participación do ano pasado, o Club de Tenis Tui e a Eurocidade Tui-Valença volven organizan o "Torneo de Tenis da Eurocidade", que como na edición pasada, disputarase nas pistas de tenis de Areas en Tui e da piscina municipal de Valença, do 25 de setembro ó 11 de outubro.

Por isto, até o 20 de setembro, estarán abertas as inscricións para cada unha das categorias, absoluta masculina, absoluta feminina, xunior masculino e dobres absolutos, cun coste de 5€ por participante. Estas inscricións poderán facerse a través do número de teléfono 658.866.403 ou a través do facebook do Club Tenis Tui.

Ó igual que o ano pasado, o torneo contará cunha previa e cun cadro de consolación, xogándose as finais nas dúas sedes, e recibindo trofeos os dous primeiros de cada categoría.