Xa están abertas ao público as piscinas municipais de verán de Tui
Xoves, 27 de xuño de 2013. Dende o pasado venres teñen abertas as súas portas ao publico as Piscinas Municipais de Tui cun horario de apertura diaria de 13,00 a 20,30 horas de luns a domingo.
Os prezos establecidos para este servizo municipal son os seguintes
Ata 16 anos de idade |
1,50 Euros |
Xubilados e pensionistas |
1,50 Euros |
Adultos |
2,00 Euros |
Bono por 30 baños infantil |
35,00 Euros |
Bono por 30 baños adultos |
40,00 Euros |
Para a concelleira responsable deste servizo, Olga Montes Moldes, a apertura das instalacións das Piscinas Municipal tudense supoñen unha atractiva oferta de ocio para os veciños do noso concello e para cantos se achegan a visitar á nosa cidade.
Tamén informa que o Concello de Tui apostou por conxelar, por segundo ano consecutivo, os prezos deste servizo, mantendo os prezos do pasado ano para facilitar o acceso dos cidadáns a esta oferta de lecer. Tamén como no pasado anos se realizará unha xornada de portas abertas nestas instalacións para divulgar a súa oferta.
A céntrica situación destas instalación, que abranguen unha piscina grande para mozos e adultos e unha piscina para rapaces de curta idade, garante que neste ano de novo terán unha grande afluencia de bañistas que gozaran destas coidadas instalacións.