Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos contacontos para bebés de Pavís Pavós

25/11/2015

 

Martes, 24 de novembro de 2015.  Xa está aberto o prazo de inscrición para a sesión de contacontos para bebés Pavís Pavós, organizada pola concellería de Cultura, que terá lugar o vindeiro 11 de decembro ás 17 h. na Biblioteca Pública de Tui. A entrada é de balde.

O contacontos trátase dunha sesión na que os participantes escoitarán pequenas historias apropiadas para as primeiras idades, historias que falan das cousas cotiás enlazadas con ditos e cancións tradicionais e algunha composta especialmente para esta función. As cores, as formas, os sons, o xogo e o ritmo conforman o seu eixo. 

Esta sesión está dirixida ós bebés que poderán seguila dende o colo da súa nai, pai ou adulto que os acompañe e tamén a calquera cativo de até os 4 anos que poderá gozar igualmente destas pequenas historias e xogos. 

Poderase formalizar a inscrición na Biblioteca, por correo electrónico biblioteca@concellotui.org ou ben chamando por teléfono ó 617 49 81 03. En total hai 20 prazas dispoñibles para nenos e nenas, de 0 a 4 anos de idade. A duración da obra é de 90 minutos.