Volve o cinema ao aire libre á praza de Frómista con “Moon, mi amigo Panda”
Será este venres ás 22.30 h dentro da programación cultural do verán
A Praza de Frómista, en pleno conxunto histórico de Tui, volve a ser este venres, 14 de agosto, unha sala de cinema ao aire libre. Será ás 22.30 h coa proxección de “Moon, mi amigo Panda”. A entrada é libre.
Este filme para público familiar, dirixido por Gilles de Maistre, estreouse no ano 2025. Achéganos a historia de Tian, un neno de 12 anos que é enviado a casa da súa avoa despois de ter malos resultados na escola. Lonxe da súa cidade, nas misteriosas montañas chinas, faise amigo, en segredo, dun panda ao que chama Moon. Isto marca o comezo dunha intensa aventura que está a punto de cambiar a súa vida e a da súa familia.
Este venres debido a esta cita, o tráfico rodado pola rúa Cuenca pecharase ás 22 h até o remate da proxección, agás no caso de vehículos de emerxencias.
O cinema volve este venres ao conxunto histórico de Tui, na renovada Praza de Frómista, con esta proposta para público familiar.





