Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Viravolta Títeres presenta "A caixa de música" o venres no Teatro Municipal

17/02/2010

Será o venres ás 20h no Teatro Municipal

Viravolta Títeres presenta "A Caixa de Música"

É unha obra para público familiar

 

Mércores, 17 de febreiro de 2010. Viravolta Títeres presenta este venres, 19 de febreiro, ás 20h, no Teatro Municipal de Tui un espectáculo musical titulado "A caixa de música". 

 

Viravolta mestura nesta representación os monicreques de mesa e luz negra con música para trío de piano, violín e clarinete nunha obra de creación propia con música feita especificamente para o espectáculo por Ermitas García Ríos. A obra vai destinada a público familiar. Está dirixida por Anxo García e interpretada por Pilar Álvarez, Xulio Balado e Anxo García coma manipuladores dos monicreques. Amais conta coa presenza dos músicos Xosé Manuel Yáñez, Mariola Gil Lago e Beatriz Rodríguez en directo.

 

"A caixa de música" conta a historia dous nenos, Cecilia e Salterio, que xogando estragan a pequena caixa de música de Calderón, un músico ambulante. Os nenos tentarán arranxala recuperando para iso os sons que escaparon da caixa.

 

Viravolta Títeres creouse en 1982 desenvolvendo espectáculos de monicreques así coma cursos, exposicións e organizacións de festivais sempre relacionados co mundo da marioneta. Dentro de Viravolta xurdiu Títeres Seisdedos, outra compañía especializada en espectáculos de pequeno formato.

As entradas están xa á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 16.30h, e o venres dende ás 18.30h poderanse mercar no despacho de billetes da Área Panorámica. Os prezos das localidades son 3€ e 2 €.

 

Viravolta Títeres con "A Caixa de música"

Data e hora:  Venres, 19 de febreiro, ás 20h

Lugar: Teatro Municipal

Prezos: 3€- 2€

Venda de entradas: na web www.culturatui.info até o venres ás 16.30h, e o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes

Máis información en www.viravoltatiteres.com