Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Vento Lois, actividade arredor de Lois Pereiro na Biblioteca Municipal ás 20,30 h.

12/05/2011

 

A Biblioteca Municipal acolle esta tarde “Vento Lois” una actividade dedicada a Lois Pereiro, homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas

 

Ás 20,30 horas a Biblioteca Municipal de Tui acolle unha iniciativa á que se suman más de vinte localidades por toda Galicia baixo a denominación de “Vento Lois” coa intención de festexar ao autor e a súa obra. Neste acto haberá a proxección dun documental sobre Lois Pereiro e a súa obra literaria, a lectura do manifesto loisista, o recital de varios poemas e varias pezas musicais en vivo.

 

Esta actividade da Biblioteca Municipal de Tui forma parte do seu programa de actividades denominado “Mes do Libros” que abrangue os meses de maio e xuño e que ten como obxectivo a promoción do libro e a lectura entre os veciños do noso concello.